Cuntis conmemorará como se merece o Día das Letras Galegas, aínda que o fará cunha programación que abarca varios días de actividades na segunda edición da Festa das Letras.
A primeira das actividades previstas será, o venres 12 de maio e o sábado 13 o Gale-Tapas, concurso no que participarán ata 18 establecementos hostaleiros da vila.
O domingo 14 está previsto realizar unha homenaxe aos músicos de Cuntis no que haberá pasarrúas, un acto homenaxe na Casa da Cultura e un xantar popular na Praza da Constitución, ademais de varias actuacións e inchables para os máis pequenos.
Por último o 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebrararase a segunda Romaxe das Artes e das Letras con música, obradoiros infantís, contacontos, espectáculos de rúa, un concurso de fotografía, un encontro literario ou a exposición e venda de flores, artesanía ou libros.
Ademais comercios e bares da zona ofrecerán importantes descontos para a ocasión. A romaría arrancará ás 10:30 horas da mañá e prolongarase ata ben entrada a tarde.