Debido á folga no sector do transporte de viaxeiros por estrada, que se desenvolverá durante os días xoves 27 e venres 28, suspendeuse o concerto que, organizado pola Sociedade Filarmónica de Pontevedra e Afundación, a Obra Social de Abanca, ía celebrar este venres 28 no Auditorio Sede de Afundación de Pontevedra.
O concerto ía estar protagonizado pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Nil Venditti.
Con todo, a pesar de que a orquestra compostelá tentou por todos os medios atopar unha solución para poder desprazarse a Pontevedra, a solución non foi posible, segundo indican desde a Sociedade Filarmónica de Pontevedra.
Desde esta institución cultural lamentan este contratempo, alleo á Sociedade, e anuncian ás persoas afeccionadas á música clásica que tratarán de compensalo con algún concerto máis durante a próxima tempada.
A seguinte actuación da Orquesta Sinfónica de Galicia é o xoves 1 de xuño. Neste caso estará dirixida por Catherine Larsen-Maguire liderará a Orquesta Sinfónica de Galicia e acompañaranos o dúo de solistas de piano Lucas e Arthur Jussen. Nesta actuación estarán presentes obras de Vaughan Williams, Rouken e Elgar.