Numeroso público achegouse na noite deste mércores 14 ata a Praza de España para gozar do espectáculo de folk tradicional que ofrecía a Asociación O Fiadeiro, un colectivo que leva dende o ano 1996 traballando na recuperación da cultura tradicional galega.
Bailes e cantos convertéronse nos protagonistas dunha noite calorosa que non evitou que parte do público se animase a bailar algunha das pezas galegas.
Tras O Fiadeiro, a orquestra Son de Seu ofreceu un concerto con temas da súa discografía entre os que destacaron os do seu último traballo, Barlovento.
ESTA NOITE, BERROGÿETTO
Esta noite de xoves 15, os protagonistas serán os músicos do grupo Berrogüetto que, tras 18 anos de carreira, trasladarán ao público algúns dos temas máis coñecidos da súa traxectoria a través da voz de Xabier Díaz.
Será a partir das 22:30 horas no escenario da Praza de España con entrada libre.