'Somos criminais' forza unha terceira función tras o éxito na venda de entradas

O Salnés
12 de outubro 2024
Actualizado: 16:19

A nova función será o venres 8 de novembro ás 18:30 horas, sumándose á xa prevista para ese mesmo día ás 20:30 e á do domingo 9 ás 21:00 horas

Somos crimináis 3, con Carlos Blanco e Touriñán
Somos crimináis 3, con Carlos Blanco e Touriñán /

O éxito fulgurante da venda de entradas para as funcións de despedida de 'Somos criminais', con Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán, obrigou a programar unha terceira sesión no Auditorio de Vilagarcía de Arousa.

Desta forma, a nova función será o venres 8 de novembro ás 18:30 horas, sumándose á xa prevista para ese mesmo día ás 20:30 e á do domingo 9 ás 21:00 horas.

As entradas están dispoñibles en ataquilla, con prezos entre 15 e 18 euros.

Este espectáculo, que pecha a saga coa entrega 'Somos criminais. E punto (final)', mantén o seu estilo satírico e de reflexión sobre a identidade galega.

A trama, ambientada no espazo e nun escenario de apocalipse, presenta a Galicia como o centro da evacuación do planeta.

A nave espacial 'Arteixo II' está a piques de despexar cos capitáns Blanco e Touriñán á fronte, encargados de levar consigo o mellor da cultura galega, tanto material como inmaterial, para comezar unha nova vida nunha terra descoñecida.