A I Residencia do Festival de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU)xa ten proxecto gañador: 'Sismes', do director catalán Jordi Sanz Angrill.
Ademais desta proposta, no novo proxecto do FICBUEU participaron as creadoras galegas Alicia Úbeda e Ángela Andrada, ademais do canario Pablo Vilas.
Durante o mes de outubro, a organización estableceu que os catro cineastas permanecesen unha semana na Illa de Ons para traballar sobre as súas propostas cinematográficas tutelados pola guionista Isabel Peña, coñecida polos seus excelentes traballos en 'As Bestas', 'El Reino' ou na serie 'Antidisturbios', entre outros.
O premio está valorado en 15.000 euros e o xurado avaliou positivamente a historia de 'Sismes' na que se narra a vida de Mila, quen tras a misteriosa partida do seu ex marido, regresa á illa volcánica onde pasasen a súa lúa de mel e nas que ela gravou imaxes co seu cámara de vídeo.
Jordi Sanz, coguioniza con David Junyent este proxecto, e sinala que é unha "exploración sobre os mecanismos dos recordos e a memoria". O traballo será producido por Nortecatro Cinema, produtora galega, e pola catalá Shoji Films durante 2024.
A organización do FICBUEU xa está a traballar na próxima edición do Festival e da Residencia, que abrirá as inscricións na primavera.