Sete novas incorporacións ao cartel de SonRías Baixas 2018

Bueu
12 de abril 2018

O Festival SonRías Baixas, que este ano celebra a súa XVI edición enchendo Bueu de novo nos días 2, 3 e 4 de agosto, suma a Berri Txarrak ou Gatillazo entre outros

Un dos concertos do SonRías Baixas 2017
Un dos concertos do SonRías Baixas 2017 / Óscar Corral / SonRías Baixas

O Festival SonRías Baixas, que este ano celebra a súa XVI edición enchendo Bueu de novo nos días 2, 3 e 4 de agosto, suma sete novas bandas ao seu cartel.

Os rockeiros Berri Txarrak chegan a Bueu precedidos polo espectacular concerto que ofreceron no BEC ante máis de 10.000 persoas.

Reivindicativos e loitadores chegan os Gatillazo, grupo que Evaristo Páramos mantén máis vivo ca nunca co espírito de 'La Polla Records'. Cancións libertarias e cheas de humor como armas ante a inxustiza e a estupidez.

O SonRías Baixas completa a súa exitosa fórmula de directos potentes e enerxéticos coa banda Muchachito, que chega a Bueu para ofrecer a súa mestura de rumba, swing, funk e alegría, e cos que Che Sudaka funden o folclore latinoamericano cos ritmos xamaicanos e unha actitude punk.

Completan a aposta festivaleira as bandas Muerdo, Revolta Permanente e Assekes.

Estas sete bandas súmanse as xa anunciadas como son Desakato, Sara Hebe, Terbutalina e The Skarnivals.

As entradas están á venda na web sonriasbaixas.info cun prezo especial e limitado de 35 euros máis gastos os tres días de concerto, incluíndo a acampada.