Seso Durán fai memoria histórica nun concerto no Pazo Provincial

Pontevedra
21 de novembro 2018

Acompañado de catro músicos máis interpretou temas do seu disco ‘Son da memoria’. A Deputación continúa a campaña iniciada en 2016 de lembranza do 80 aniversario do fusilamento en Campañó de dous presidentes e un membro da comisión xestora da Deputación de Pontevedra

Concerto de Seso Durán
Concerto de Seso Durán / Mónica Patxot

O salón de plenos do Pazo provincial acollerá un concerto pola memoria histórica na que o músico Seso Durán, acompañado por unha banda de catro intérpretes, realizou un repaso aos temas do seu álbum 'Son da memoria', en lembranza das persoas represaliadas durante a ditadura franquista.

Esta actividade inclúese nos actos de reparación da memoria histórica, que se iniciou en 2016, con motivo do 80 aniversario do fusilamento en Campañó de dous presidentes e un integrante da comisión xestora da  Deputación.

Ademais, segundo avanzou o deputado de Cultura Xosé Leal, esta iniciativa enlázase co evento que se promoverá en 2019 como 'Ano da Música'.

O acto era gratuíto e aberto a todo o público no mesmo lugar, o salón de plenos, en que tras o golpe fascista de 1936 celebrábanse os xuízos e consellos de guerra