O domingo 16 de abril o Concello de Ribadumia ofrecerá unha sesión de cine no Auditorio Municipal coa emisión de ‘Los Tipos Malos’, película de animación dirixida por Pierre Perifel no ano 2022 e baseada na serie de novelas 'The Bad Guys' de Aaron Blabey. A proxección comezará ás 20:00.
Este filme conta a historia de cinco viláns cunha extensa carreira criminal: Mister Wolf, Mister Snake, Mister Piranha, Mister Shark e Mister Tarantula. Tras pasar toda a vida levando a cabo grandes atracos, realizarán o seu último traballo.
A sesión será de balde e libre ata completar o aforo do Auditorio. Para estar ao tanto do resto de programación cultura do municipio, a veciñanza poderá consultar os dípticos informativos que se enviaron aos domicilios de Ribadumia, dispoñibles tamén nas oficinas municipais, nas redes sociais ou na páxina web municipal.