Non só de música vivirá o festival PortAmérica. A súa experiencia gastronómica, que xirará en torno ao prestixioso ShowRocking, ofrecerá ao público unha experiencia única na que degustar as creacións dunha trintena de chefs de renome nacional e internacional.
Baixo a dirección do pontevedrés Pepe Solla, os talentosos cociñeiros e cociñeiras prepararán un total de 66 petiscos salgados e doces durante os tres días do festival, distribuídos en seis quendas diferentes e convertendo ao ShowRocking na maior cociña efémera do mundo.
A organización estima que servirá uns 20.000 petiscos durante todo este PortAmérica.
Alex Magurán e Iván Domínguez son as últimas incorporacións a unha oferta que inclúe a figuras como Javi Olleros, Diego Guerrero, Begoña Rodrigo, Fabián Delgado, Édgar Núñez, Luis Lera, Antonio Arrabal, Edorta Lamo, Maca de Castro ou Dani Carnero, entre outros.
Os petiscos que se servirán serán os seguintes: