PODCAST. 'Señora lo será tu puta madre', Sibila Freijo firma unha novela sobre a madurez feminina, sen filtros e con sentido do humor

Pontevedra
21 de marzo 2025

Maternidade e os roles sociais impostos, relacións maternofiliais, liberdade sexual, edadismo, menopausa e no foco tres mulleres, unha nai que regresa tras abandonar moito tempo atrás ás súas dúas fillas e estas ante os seus cincuenta anos. Unha ficción asentada na vida mesma

Portada da recente novela da autora coruñesa Sibila Freijo
Portada da recente novela da autora coruñesa Sibila Freijo / PontevedraViva

Sibila Freijo volve colocar outra novela nas librarías e faio con título absolutamente rotundo: 'Señora lo será tu puta madre'. Unha resposta que pasou pola cabeza da autora en moitas ocasións: "é o que penso porque desde os trinta anos, tras ser nai e ir co carriño, empezáronme a chamar señora. E é que en canto es nai pasas a ser señora para o resto da vida".

De pensalo reiteradamente a usalo como título de novela, había certo treito. Lembra que "ao principio nos expuxo dúbidas, sobre todo a min, porque me parecía atrevido pero á vez 'enganchoso'. Esa frase pensámola todas as mulleres entre os corenta e os sesenta anos cando nos chaman señoras vinte veces ao día e dis xa abonda!".

O rexeitamento que lle xera esa reiteración atópao en que "o cincuenta por cento das veces que cho din, eu véxoo como apeliativo con maldade. E vén a conta do edadismo, xa estamos fartas!". Polo momento, nestas primeiras semanas da súa publicación "o que recibo é que está a gustar e estase recibindo ben".

A novela é unha ficción que ten como protagonistas a tres mulleres. Magda, unha muller que regresa a España moi enferma, tras abandonar trinta anos atrás ás súas fillas e o seu marido. As súas fillas, Vera y Ali, tamén nais, lidan coas súas vidas, a entrada nos cincuenta e a volta da súa nai.

Sen perder o humor, a ironía, Sibila Freijo relata unha traxicomedia a base de múltiples realidades. Unha delas é a maternidade e os roles sociais que se atribúen á muller que se converte en nai. "Quero acabar con ese mito da nai perfecta e abnegada que cando asume ese papel, a sociedade dille que ten que aniquilar o resto de roles. As nais desta novela teñen as súas contradcciones coa maternidade", explica no podcast 'Cara a cara'.

Estas mulleres mostran as súas relacións maternofiliais. Como fillas tamén emerxen as obrigacións morais cos proxenitores: "exponse o dilema moral de coidalos e isto depende da relación que se tivo con eles. Son temas delicados, moi espiñentos". De igual forma, hai lugar para as miradas entre pais e fillos: "miramos aos nosos pais como pais non como persoas e ao revés, eles ven aos seus fillos como fillos, non como persoas".

E non se pode pasar por alto a outra protagonista desta historia, a menopausa. Afirma Sibila que "é a primeira ficción en España que fala da menopausa" e que decidiu abordala porque "ao estar eu niso e ver a pouca información que había e que tampouco se fala do tema, dixen, hai que facer algo". Para completar o kit de realidades, engade o sexo na mediana idade, as enfermidades de transmisión sexual e "os problemas sexuais dos homes que é algo do que tampouco se falan porque son tabús moi profundos".

Si houbese que porlle unha ensinanza á novela, ou á propia vida, achégaa a autora "a realidade non é todo o boa que nos gustaría pero en lugar de enrabecharse, é mellor porlle humor".