Senda Festival nace este ano como herdanza do Festival Flop, que se celebrou no Parque dos Gafos de Pontevedra desde 2016 ata 2019. O parón pola pandemia permitiu reformular o proxecto, mantendo o seu espírito orixinal: un lugar de encontro lúdico, á vez que reivindicativo cunha programación musical diversa e inclusiva.
O cartel deste ano está formado por un grupo de artistas novos, de diferentes procedencias e orixes musicais, todos co nexo de unión de estar a escribir as liñas da música de baile contemporánea mais recente, como a arxentina Simona, o alemán Alex Kessian, a asturiana Ácida ou os irmáns galegos de El Cuerpo del Disco.
O cartel mestura artistas do máis vangardista do panorama nacional e internacional cunha sólida selección de xóvenes artistas galegos.
Senda é un evento promovido polo Concello de Pontevedra, dentro da súa programación de verán, co comisariado artístico e a produción da empresa local Certain Music Events.
O acceso ao recinto é de balde ata completar aforo.
O programa do festival é o seguinte:
Venres 5 de agosto
18:00-19:30 Fiuza
19:30-21:00 Russ
21:00-22:30 Sebastian Black
22:30-00:00 Jean Fixx
Sábado 6 de agosto
12:00-13:30 Supernatural Project
13:30-15:00 FonKid
15:00-16:15 You_El
16.15-17.30 Certain People
17.30-19.00 El Cuerpo del Disco
19:00-19.30 Acida
19.30-21.00 Topanga Kiddo
21.00-22.00 Simona
22.00-23.30 Alex Kasian
23.30-01.00 Baldman & Gazzi