O Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra, aborda nos días seguintes unha programación especial co gallo das conmemoracións das Letras Galegas deste ano 2015.
O feito de que a figura homenaxeada sexa o pontevedrés Fernando Filgueira Valverde convirte esta ocasión en algo moi especial, dado que Filgueira foi un personaxe clave tanto na vida musical de Pontevedra, como especialmente, na recuperación do Conservatorio de Pontevedra, en 1955.
DIA 13 DE MAIO. CONCERTO CONMEMORATIVO DAS LETRAS GALEGAS.
Auditorio do Conservartorio. 20 horas.
O acto terá dúas partes.
- Ponencia do profesor Fernando Otero Urtaza: “Filgueira e a Música”.
- Concerto da Orquestra I e Coro II do Conservatorio. “Cantigas de Mar”. Música de Rogelio Groba e letra de Xosé F. Filgueira Valverde. Directora de coro: Nanette Sánchez Ordaz. Director concertador: Sergio Heredia Cegarra.
Intervirán:
- Luís Costa Vázquez, Director do Conservatorio.
- Fernando Filgueira, Presidente da Fundación Filgueira Valverde.
- Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística.
DIA 14 DE MAIO. CONCERTO DO CICLO “O CONSERVATORIO NA RÚA”
Claustro da Facultade de Belas Artes. 20 horas.
- Orquestra I: “Cantigas de Mar”. Música de Rogelio Groba e letra de Xosé F. Filgueira Valverde. Director. Sergio Heredia Cegarra
- Orquestra II: “Música Acuática”, G. F. Haendel; “Doble concierto para violín”, J. S. Bach; “Primera Sinfonía, primeiro movemento”, L. Beethoven; “Danzón”, A. Márquez. Director: Francisco J. Mora Souto.
Intervirá no acto:
- Silvia García González, Decana de Facultade de Belas Artes
- Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde de Pontevedra.
DIA 18. GALA LÍRICA DAS LETRAS GALEGAS.
Liceo Casino de Pontevedra, 20:30 horas.
- Concerto Organizado pola Asociación Galega de Compositores, coa colaboración dos Conservatorios Manuel Quiroga (Pontevedra), Profesional de Santiago e Superior de Vigo. Patrocina a Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa e colabora igualmente o Liceo-Casino de Pontevedra e a Universidade de Santiago. O concerto repetirase o día 22 de maio, no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela ás 20:30.
DIA 15. ACTO DE GRADUACIÓN, PROMOCIÓN 2015
Ademais desta programación especial das Letras Galegas, o Conservatorio celebrará o tradicional acto de graduación, da promoción de titulados de 2015, o venres, día 15 de maio, ás 20 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra.
- Grupo de Improvisación de Percusión. Director: Jorge César Pérez Mestre
- Grupo de Jazz. Director: Pablo Estellés Olveira.
- Coro II do Conservatorio. Directora: Nanette Sánchez Ordaz
- Orquestra II do Conservatorio. Director: Franciso J. Mora Souto.
O acto incluirá as intervencións de alumnos e director do centro, e a entrega das orlas ao alumnado que remata os estudos profesionais de música.