Los Secretos, de 'veraneo' en Sanxenxo: actuarán o 23 de agosto no Costa Feira

Sanxenxo
10 de abril 2025
Actualizado: 14:22

Los Secretos é a nova confirmación dunha nova edición do festival Costa Feira de Sanxenxo, que segue consolidándose como un dos grandes ciclos de concertos do noso país

Concerto de Los Secretos no Liceo Casino
Concerto de Los Secretos no Liceo Casino / Mónica Patxot

Un ano máis, Los Secretos non se perderán o festival Costa Feira de Sanxenxo. A banda, que forma parte da historia da música española, ofrecerán un concerto o 23 de agosto.

Virá o grupo ao completo, subliñan os organizadores, con Álvaro Urquijo á voz e guitarra xunto a Ramón Arroyo e Txetxu Altube, o baixo de Juanjo Ramos, o piano de Jesús Redondo e a batería de Santi Fernández.

Ofrecerán un concerto cheo de cancións polas que non pasan os anos e que forman parte da banda sonora da vida miles de persoas.

As entradas para esta actuación poranse á venda o vindeiro luns 14 de abril.

Los Secretos é a nova confirmación dunha nova edición de Costa Feira, que segue consolidándose como un dos grandes ciclos de concertos do noso país.

A eles sumaranse este verán outros grandes artistas xa confirmados: Leiva (2 de agosto), Manuel Carrasco (9 de agosto), Gordo (14 de agosto) e Camilo (19 de agosto).

Nas próximas datas seguiranse anunciando máis nomes e datas.