María Victoria Moreno, a autora á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, deu clase no instituto de Vilalonga. O seu traballo, lembra o goberno municipal, non pasou desapercibida entre os seus alumnos. Por iso é polo que o Concello de Sanxenxo decidise homenaxeala na localidade.
Será o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, na Praza Pública de Vilalonga.
Na homenaxe participará a compañía de teatro Bandullo Azul, coa representación da obra "Mar Adiante" e actuarán as agrupacións Os Cruceiros de Vilalonga, Airiños da Lanzada, Soalleira de Dorrón, Abiñadoira de Sanxenxo, Retesías, Os Gatiños e Lembranzas de Portonovo.
Ademais, entregaranse os premios do Concurso Picariños, organizado polo CCD Sanxenxo, e varios ex alumnos da autora falarán dela, para que os veciños de Sanxenxo poidan coñecer máis sobre a súa vida e obras.
Este acto encádrase dentro da programación de Sanxenxo Fala, un proxecto que pretende facer visible todos os programas e actividades, tanto organizadas polo Concello como polas diferentes asociacións, que ten como protagonista o galego.