'Sanxenxo Fala' enche de cultura o municipio durante o mes de maio

Sanxenxo
28 de abril 2023

'A Lanzada de Maio' é unha das novidades da programación que terá lugar os días 20 e 21 e porá en valor a súa lenda e patrimonio

Presentación das actividades de 'Sanxenxo Fala'
Presentación das actividades de 'Sanxenxo Fala' / Concello de Sanxenxo

A concelleira de Cultura, Paz Lago, xunto aos colectivos do municipio presentaron no Pazo Emilia Pardo Bazán, a programación de 'Sanxenxo Fala' co que se invita a vivir a cultura no municipio durante todo o mes de maio. 

Ademais, aproveitouse a ocasión para presentar o vídeo "ChisPÚN!" da actividade organizada pola asociación Abiñadoira no 'Sanxenxo Fala' 2022, e que contou coa participación especial de Xurxo Fernández e o seu tema "Ergue a xouva" e de das agrupacións folclóricas do concello: Os Gatiños de Portonovo, Lembranza de Portonovo, Soalleira de Dorrón e Airiños da Lanzada.

Este ano As actividades arrancan un día antes, o 30 de abril, co Concurso de Maios organizado pola Asociación de Veciños de San Cristóbal o vindeiro 1 de maio co Festival dos Maios na praza do mercado de Portonovo, ás 17 horas, e no que se repartirán 500 euros. O mes dará comezo co xa tradicional Festival de Maios do CCD Sanxenxo cunha exposición na Praza dos Barcos e un concurso de coplas con 3 premios de 300, 250 y 200 euros, para finalizar cunha festa infantil. 

O 4,5, 8 e 9 de maio chega o 'Sanxenxo Fala' aos centros  educativos a través do teatro coa obra "Unha galaxia chea de letras galegas". 

Os gatiños de Portonovo orgnizan o I Encontro de Labores, 6 de maio celebrarase de 17 a 21 horas, na Praza do Mercado.

A Asociación Cultural Soalleira de Dorrón e o Concelllo de Sanxenxo organizan o vindeiro 7 de maio o tradicional Concurso de Música Tradicional Soalleira que chega a súa quinta edición con exhibicións abertas ao público de 11 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 no Auditorio de Emilia Pardo Bazán. Repartiranse 3.500 euros en premios. 

O venres 12 de maio Vero Rilo levará ao auditorio a narración oral "Re(amar), memorias do salitre", ás 19 horas. 

Dorrón retoma, no entorno da Casa de Cultura de Dorrón, a Festa da Ourella 13 e 14 de maio, con degustación de pratos tradicionais como ourella e churrasco. Haberá tamén actividades culturais e música.

O 17 de maio Día das Letras Galegas, o acto institucional, terá como protagonista á figura do homenaxeado este ano Franscisco Fernández Del Riego coa actuación de Abiñadoira na Praza de Pascual Veiga, ás 12 horas. Pola tarde, a Coral Polifónica Santa María Adina e os Gatiños de Portonovo celebrarán o Festival das Letras Galegas no CEIP Portonovo .

O venres 19 de maio, ás 20 horas, terá lugar o obradoiro de música represaliada a cargo de Xurxo Souto, no Pazo de Emilia Pardo Bazán. O Garaxe Hermético realizará o obradoiro "A memoria histórica en viñetas", os días 19 e 20 de maio, ás 18 horas, no auditorio.

O entorno da Capela da Lanzada acollerá nesta edición do 'Sanxenxo Fala' unha das novidades da programación "A Lanzada de Maio" os días 20 e 21 de maio cunhas xornadas de posta en valor do rito das Nove Ondas e da historia que ten este este máxico lugar. A actividade dará comezo o sábado, ás 16 horas, cun mercado artesanal coa actuación de Airiños da Lanzada. Durante a tarde haberá un contacontos, un xogo de pista infantil, unha visita guiada dramatizada de Aturuxo Teatro e Úrsula Teatro, "O que viu o Cormorán". Tamén se presentará o libro de J. Prieto. 

Como todos os anos nunha das actividades desta programación colaboran todos os grupos locais, así a partir das 20:30h poderemos desfrutar das danzas e música tradicional de Lembranzas, Os Cruceiros, Os Gatiños e Soalleira. Pola noite, ás 22:30 horas haberá unha representación das Nove Ondas, Cantos de Taberna co grupo Os Firrás e a partir de medianoite haberá unha representación da queimada por Tatana Teatro.

O domingo continuará a actividade pola mañá. Neste caso serán os actos relixiosos os que tomen o protagonismo, non faltando a música tradicio e de taberna con Airiños da Lanzada, Abiñadoira e Retesías

O 21 de maio pecha a programación co Festival das Letras Galegas +Que Cantigas, ás 20 horas, no Pazo do Revel.