Samuel Diz, guitarrista clásico, presentará no Museo o concerto 'Álbums de guerra: músicas para unha exposición'

Pontevedra
25 de xuño 2021

Será o vindeiro martes 29 de xuño ás 19.30 horas no Edificio Castelao e se integra no discurso expositivo da colección permanente do conxunto de obras vencelladas coa guerra civil, a represión e o exilio

Samuel Diz
Samuel Diz

O guitarrista clásico Samuel Diz ofrecerá o próximo 29 de xuño a partir das 19.30 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra un concerto que leva por título 'Álbums de guerra: músicas para unha exposición'.

O repertorio créase ad hoc para a montaxe expositiva do Museo que recupera obras de artistas como Arturo Souto, Uxío Souto e Federico Ribas Montenegro en diálogo cos 'Álbums de Guerra', de Alfonso Daniel R. Castelao.

Samuel Diz realizará o concerto cunha copia facsímil da guitarra orixinal de Federico García Lorca e as persoas que asistan terán a oportunidade de escoitar partituras inéditas e descubrir as relacións artísticas dunha xeración de autores marcada polo exilio e a guerra civil.

O guitarrista, nacido en Tui, é un investigador da música da Xeración do 27 e do exilio republicano. O programa deste concerto  incluy obras de Xosé Chas García, de Rosita García Ascot, Xesús Bal y Gay, Simón Tapia e a estrea absoluta da suite para guitarra de Isidro Maiztegui, ademais dunha selección de cancións populares de García Lorca.