A 28 edición do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra chegou este domingo ao seu fin despois de cinco intensas xornadas e cunha guinda final.
Ese fin de festa, ao grande, púxoo a estadounidense Samantha Fish.
A cantante, compositora e guitarrista trasladou a forza da súa blues a un público entregado na Praza da Ferrería.
Gañadora en 2012 do Blues Music Award como artista revelación, Fish compareceu no festival pontevedrés coa súa guitrarra eléctrica acompañada de Ron Johnson ao baixo, Matt Wade aos teclados e Sarah Tomek á batería.
Samantha Fish presentou en Pontevedra o seu último traballo, titulado 'Faster', un disco producido por Martin Kierszenbaum (habitual produtor de figuras como Lady Gaga, Sting ou Sheryl Crow) e que contou coa participación do batería Josh Frees (Guns&Roses), e do baixista Diego Navaira (The Last Bandoleros). O resultado, explica o Festival de Jazz, é un traballo redondo, dotado dunha forza descomunal, apoiado en ritmos moi viscerales e cun traballo vocal profundo e á vez elegante.