Saen á venda os abonos para Domingos do Principal, Ponteatro e as Matinés

Pontevedra
07 de setembro 2022

A concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra, Carmen Fouces, tamén anunciou que o concerto de Mahmood, previsto para o 12 de novembro e que se pospoñerá ata xaneiro do próximo ano xa que "van atrasados na gravación do seu disco". Mantense a data do outro concerto do ciclo Voices a de Manel, fixada para o 5 de novembro

As pitas baixo a choiva, de Teatro Ghazafelhos
As pitas baixo a choiva, de Teatro Ghazafelhos / Concello de Pontevedra

A concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra, Carmen Fouces, anunciou este mércores que xa saíron á venda os abonos para Domingos do Principal, Ponteatro e a Matinés.

Este ano Domingos do Principal empeza o 2 de outubro coa obra Son Cris, pequeña valiente de El Espejo Negro, e neste mesmo mes están programadas As pitas baixo a choiva (domingo 9) de Teatro Ghazafelhos, A cazola de Lola (domingo 16) de Tanxarina, Camiño de historias (domingo 23) de Migallas Teatro e Soy una nuez (domingo 30) de Zum-Zum Teatre. En novembro haberá tres, que serán Ela (domingo 6) de Caramuxo Teatro, Tarzán en el diván (domingo 13) de Mar Mar Teatro y Las Cotton (domingo 20) de Anita Marabillas e Portal 71.

En canto a Ponteatro o Concello programou seis obras: As que limpan (6 de outubro) da Panadaría, O péndulo (13 de outubro) de Inversa Teatro, Golfa (20 de outubro) de Crémila, O porco de pé (27 de outubro) de Excéntricas, Cigarreiras (3 de novembro) de Contraproduccións e Smoke on the water (10 de novembro) de Ibuprofeno Teatro.

Mentres que As Matinés do Principal contarán con María Arnal i Marcel Bagés (8 de outubro) e Ugía Pedreira (29 de outubro).

ATRÁSASE O CONCERTO DE MAHMOOD

Carmen Fouces tamén anunciou que o concerto de Mahmood, previsto para o 12 de novembro se pospoñerá ata xaneiro do próximo ano xa que "van atrasados na gravación do seu disco". Mantense a data do outro concerto do ciclo Voices, o de Manel, fixado para o 5 de novembro.

E o 27 de xaneiro o protagonista será Nacho VegasO cantautor asturiano, que atesoura máis de dúas décadas de traxectoria musical dacabalo entre o folk e o rock, presenta en Pontevedra ‘Mundos inmóviles derribándose’, un disco que profunda no seu persoal universo creativo. Un traballo co que estrea discográfica e onde lle acompaña unha nova banda.

Tamén están á venda as entradas para o concerto de Juan Carlos Cambas 'A viaxe'. O 16 de setembro no Teatro Principal o pianista arxentino amosará un traballo conceptual que conta, a través dá música, a viaxe dúas seus pais ata Arxentina, e ou seu propio regreso ás terras dá orixe: Galicia e Asturias. 

Sobre as novidades de programación de cara a xaneiro o 21 terá lugar o espectáculo teatral de Alberto San Juan ‘Nueva York en un Poeta’

'DO FINAL E DO COMEZO 2022'

Para este xoves 8 de setembro está prevista a inauguración de 'Do final e do comezo 2022' que permanecerá no Pazo da Cultura para plasmar o escenario artístico do alumnado da Facultade de Belas Artes, a partir dunha selección dos proxectos realizados para esta etapa, que poñen fin a catro anos intensos de traballo, e que dá comezo a novos camiños.