Romeo Santos actuará o 30 de xullo no festival Costa Feira de Sanxenxo

Sanxenxo
22 de xuño 2023

O artista estadounidense cambia de localización o que ía ser o seu único concerto en Galicia, previsto no Monte do Gozo e que finalmente terá lugar en Sanxenxo como prato forte do festival Costa Feira. As entradas, á venda desde este próximo sábado 24 de xuño 

Imaxe dun videoclip de Romeo Santos
Imaxe dun videoclip de Romeo Santos / Romeo Santos

Golpe de efecto do festival Costa Feira de Sanxenxo, que acollerá o próximo domingo 30 de xullo uno dos poucos concertos en España de Romeo Santos, un dos artistas latinos de maior recoñecemento internacional.

A única data de Santos en Galicia estaba fixada no Monte do Gozo de Santiago de Compostela, pero finalmente celebrarase dentro do Costa Feira no Parque Empresarial de Nantes e como auténtico prato forte do festival.

O cambio de localización foi confirmado a través das canles oficiais do artista estadounidense (enlazadas ao a web www.romeosantosgalicia.com) a poucas horas de que abra a venda de entradas.

De feito as localidades para o show poderanse adquirir a partir do próximo sábado 24 de xuño (desde as 14.00 horas) a un prezo que parte desde os 57 euros en prevenda (cun 15% de desconto) e que se sitúa despois para os billetes xerais nos 75 euros. As entradas VIP terán pola súa banda un prezo de 150 euros (130 en prevenda) e as máis próximas ao escenario denominadas 'Romeo Box' fixáronse en 220 euros (188 en prevenda).

Tras facerse internacionalmente coñecido como líder, vocalista e compositor principal da agrupación Aventura, Romeo Santos iniciou en 2011 unha carreira en solitario que lle levou a lanzar cinco traballos discográficos. O último, titulado 'Fórmula, vol. 3' viu a luz en 2022 e será o eixo do seu concerto en Sanxenxo, no que tamén está previsto que repase moitos outros dos seus éxitos.