O Liceo Casino de Pontevedra súmase á convocatoria de propostas con motivo do Día Internacional da Muller e faio coa actuación de Rogelia dos Outeiros e o seu monólogo 'Soa'. Será o propio venres 8 de marzo a partir das 20.30 horas no edificio de Manuel Quiroga. A entrada, con prazas limitadas, é gratuíta para socios e a 8 euros para non socios.
'Soa' é a primeira produción en solitario desta actriz e está dirixida por Fran Rei. A protagonista é unha muller que, encerrada en casa polo seu marido, atopa na súa nova veciña unha confidente á que contar a súa historia; isto é, unha válvula de escape para liberarse do pesado fardo que sempre a acompaña.
Un marido tolo, un cuñado enfermo, fillos ausentes, soidade, machismo, pero tamén complicidade, liberación sexual, autoestima, cinema, música e sobre todo esperanza, son as pezas coas que Rogelia dos Outeiros constrúe unha espectáculo que motiva á audiencia.