O Sexto Edificio do Museo foi o lugar elixido polo xornalista e escritor Rodrigo Cota para presentar o seu novo libro. Trátase de Pontevedrando, un proxecto literario que recompila preto de corenta artigos nos que os protagonistas son empresas da cidade.
Os artigos, publicados por Diario de Pontevedra no último ano e medio, buscaban destacar as singularidades do tecido empresarial pontevedrés, do que Pontevedra "temos que presumir e temos que promocionalos", dixo o autor.
Na presentación, Cota estivo acompañado da concelleira de Promoción da cidade, Anabel Gulías, e do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Ambos destacaron a importancia de dar visibilidade ás empresas de Pontevedra e celebraron que a cidade acolla numerosos proxectos emprendedores que son unha "referencia" a nivel nacional e internacional.