Rodrigo Cortés, Arturo González Campos e Juan Gómez Jurado volven participar no FICBUEU

Bueu
09 de agosto 2024

A súa intervención será o 8 de setembro na programación das 'Xornadas Cinematográficas' que comezarán un día antes e debaterán sobre a influencia dos contextos políticos no cinema

As 'Xornadas Cinematográficas' do FICBUEU debaten sobre a influencia dos contextos políticos no cinema
As 'Xornadas Cinematográficas' do FICBUEU debaten sobre a influencia dos contextos políticos no cinema / FICBUEU

O escritor Juan Gómez-Jurado, o realizador Rodrigo Cortés e o guionista Arturo González Campos repiten participación no Festival Internacional de Cinema de Bueu, FICBUEU, na súa próxima edición de setembro.

Será concretamente nas 'Xornadas Cinematográficas' que esta vez ofrecerán reflexións sobre como impacta un contexto político no cinema. A última ocasión en que formaron parte da programación foi en 2018.

Camil Ungureanu, profesor de Filosofía Política na Universitat Pompeu Fabra abrirá ditas 'Xornadas Cinematográficas' cunha clase maxistral titulada 'Se realista: fai o imposible!', o sábado 7 de setembro. 'Trauma e reconstrución' é a charla que seguirá a esta primeira proposta e que correrá a cargo de dúas críticas de cinema: Daniela Urzola e Belit Lago.

Na sesión vespertina, parte dos artífices do podcast 'La escóbula de la brújula' ofrecerán unha mesa redonda virtual co público para falar de 'Arte e propaganda. O cinema de entreguerras'. Seguirá unha charla co realizador  Jaime Rosales e o crítico de cinema Xavier Montoriol.

Na sesión dominical do 8 de setembro Cortés, Gómez-Xurado e González Campos falarán sobre o cambio que supuxo para o cinema e a realización de películas, a incorporación do son. Os tres xunto ao humorista Javier Cansado teñen en común dous podcast: 'Aquí hay dragones' e 'Todopoderosos'. Posteriormente asinarán libros. 

As entradas para este evento xa están dispoñibles na tenda en liña do FICBUEU.