O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, tras case tres semanas de intensa actividade, pechou as súas portas. Por esta edición, dedicada ao cine e que tivo a Francia como país convidado, pasaron máis de 20.000 persoas, segundo os datos da organización.
En total, durante os 17 días que durou o evento ata 34 centros de ensino de educación infantil, primaria e secundaria puideron gozar de preto de 150 actividades concertadas en horario matinal.
A eles sumáronse numerosas entidades sociais e o público familiar, que gozou doutras 150 actividades para bebés, contacontos, obradoiros ou espectáculos, todos eles desenvolvidos con gran éxito de público.
As numerosas propostas para público adulto como os faladoiros, a cata de viños ou as tardes poéticas contaron tamén con moi boa acollida nun Salón do Libro no que, este ano, traballaron preto de 150 persoas para que todo fora á perfección.
A derradeira xornada do XXVI Salón do Libro contou cos obradoiros de María Lado e a francesa Clothilde Frappier, 'O carro e o home de Antón K', e a estrea do espectáculo de música e sombras para bebés 'A lanterna máxica' de man de Violeta della Roca.
Non faltou a sesión de cinema no Principal en colaboración co Cineclube na que fixo acto de presenza a curmá de Orbil, Marceline Loup.
Antes do espectáculo de clausura a cativada puido participar no obradoiro 'Bonjour à la musique' de Gaia Escola de Música e elaborar da man de Reviravolta a 'Torta de Non - Aniversario de Alicia no país das marabilllas' porque non pode haber festa de despedida sen pastel.
Para botar o pano, a rapazada de RockLab creou varias historias relacionadas co cinema, cos directores e directoras e en ton crítico e humorístico presentaron oito cancións.
Versionaron e adaptaron ao galego letras e retrousos das pezas 'El día de la bestia' de Def con 2, 'Mindfields' de Prodigy, 'Glorybox' de Portishead, 'Space oddity' de Bowie, - 'Beat the Devil´s Tattoo' de Black Rebel Motorcycle Club ou 'Wake up' de Arcade Fire.
O RockLab, que cumpre 10 anos de vida, subiu preto de 150 rapaces e rapazas ao escenario e recuperou colaboracións realizadas ao longo destes anos como a do Coro de Barcelos, a Sinfónica Infantil de Pontevedra ou o alumnado do CEP Marcos da Portela.
Na súa intervención, o edil de Cultura, Demetrio Gómez, avanzou que o Concello xa está a traballar no Salón do ano 2026. "Non queda nada. Así que remate o curso, pasen o verán, o Nadal e o Entroido, volverán Orbil e os libros", subliñou.
"Parece moito tempo, pero non é nada porque o alcalde tenos encargado un traballo moi bonito e moi difícil: que o Salón de 2026 sexa mellor ca este", engadiu Gómez, para o cal terán en conta as propostas e suxestións do público.

Sesión do 'Rock Lab' na clausura do Salón do Libro 2025