Ritmo tradicional galego na Ferrería con Pel e Pau

Pontevedra
21 de agosto 2016

Os músicos ofreceron un divertido concerto que contou con momentos estelares como a interpretación do 'Miudiño' acompañada de centos de chisqueiros encendidos entre o público

Concerto de Pel e Pau na Ferrería
Concerto de Pel e Pau na Ferrería /

Pel e Pau, unha agrupación de música tradicional galega, logrou divertir e sorprender os centos de asistentes ao concerto que ofreceron este sábado na praza da Ferrería dentro da programación das Festas da Peregrina.

Os músicos lograron que o público coreara e acompañara con aplausos cada unha das pezas que interpretaban ata o punto de que no momento en que a banda cantou o 'Miudiño' a capella, centos de persoas sacaron os seus chisqueiros para acompañar o coñecido tema. Unha imaxe que un dos integrantes de Pel e Pau colgou en Facebook indicando a espectacular noite vivida en Pontevedra.

Arquivado en