Río Verbena ábrese a novos estilos e 'ficha' a Vetusta Morla para a súa segunda edición

Pontevedra
01 de xuño 2023

O festival Río Verbena volve a Pontevedra. Farao redobrando a súa aposta e ampliando a súa oferta musical para atraer a novos públicos. Serán dous días de actividade, os días 25 e 26 de agosto, coa música urbana como unha das súas grandes referencias

Festival Río Verbena en Pontevedra
Festival Río Verbena en Pontevedra / Cristina Saiz

O festival Río Verbena volve a Pontevedra. Farao redobrando a súa aposta e ampliando a súa oferta musical para atraer a novos públicos. Serán dous días de actividade, os días 25 e 26 de agosto, coa música urbana como unha das súas grandes referencias.

Pero non quedará aí. Haberá máis. O festival abrazará novos estilos musicais. E, para iso, contará como cabeza de cartel cunha das bandas de referencia do panorama nacional, Vetusta Morla, cuxo ultimo concerto en Pontevedra remóntase a 2014.

Os madrileños liderarán un proposta musical de primeiro nivel, que incluirá a bandas e artistas da talla de Xoel López, dos dos proxectos de hip hop e rap máis exitosos do país, SFDK e Trueno, Jenny and The Mexicats, The Rapants, Blanco Palamera ou Flecha Valona, entre outros.

En Río Verbena actuarán ademais Certain People, Galician Army, Thom Archi, La Mosca Valiente, Chroma, Desconcerto o Conductores Suicidas, a banda pontevedresa tributo a Joaquín Sabina.

Haberá máis incorporacións ao cartel que se desvelarán nas próximas semanas.

Abrir o festival a novos estilos non será a única novidade desta segunda edición de Río Verbena. Tamén cambiará de escenario. Abandona o parque de Tafisa e trasládase á chaira do Recinto Feiral, buscando unha maior capacidade de aforo e máis comodidade para os artistas.

As entradas para o festival sairán á venda o vindeiro mércores 7 de xuño, a partir das doce do mediodía, na páxina web https://rioverbena.com/.

Río Verbena, impulsado polas compañías Esmerarte e Maldita Sede, foi no seu primeiro ano uno dos nomeados aos Iberian Festival Awards, os premios aos mellores festivais de música de España e Portugal, como mellor festival de nova creación.

Conta co patrocinio da Xunta de Galicia, o Xacobeo, o Concello de Pontevedra, Estrella Galicia e Gadis.

Por segundo ano consecutivo, PontevedraViva será o medio oficial do festival Río Verbena.