O Museo de Pontevedra acolle a pintura sobre táboa máis antiga da arte galego. Trátase do 'Retablo de san Acacio e os dez mil mártires no monte de Ararat'. O espazo en redes sociais #Aportapechada da Deputación ofrece esta semana unha análise realizada polo especialista José Luis Ageitos sobre esta obra que leva dez anos nas instalacións do Museo de Pontevedra.
A obra sitúase a finais do século XIV e creouse para o convento de Santa María de Belvís en Santiago de Compostela. Foi adquirida polos coleccionistas Ruiz-Moya Decoster, que cederon fai dez anos esta importante peza do patrimonio histórico artístico de Galicia ao Museo para que sexa admirada polos visitantes que acudan ao Sexto Edificio do Museo.