Reservade a data! Volve a Vilaxoan o festival da música galega Revenidas

O Salnés
21 de xullo 2015

A vila mariñeira de Vilaxoan (Vilagarcía de Arousa) volverá a converterse no epicentro da música galega no mes de agosto. En concreto, os días 21, 22 e 23 dese mes teremos una nova cita co Revenidas15

Un dos concertos do festival Revenidas en 2014
Un dos concertos do festival Revenidas en 2014 / Emerson Días / Festival Revenidas

A vila mariñeira de Vilaxoan (Vilagarcía de Arousa) volverá a converterse no epicentro da música galega no mes de agosto. En concreto, os días 21, 22 e 23 dese mes teremos una nova cita co Revenidas15.

Alí agárdase a chegada, segundo a organización, de arredor de dez mil persoas de toda Galicia para participar na ampla programación que se está a deseñar con actividades de balde e de pagamento.

Como todos os anos a sardiñada popular, xermolo do festival, constituirá un encontro familiar e interxeracional o sábado 22. Un día antes e ata o domingo, Vilaxoán acollerá máis de trinta concertos, a maioría deles de grupos galegos.

Entre as primeiras confirmacións atópanse bandas como La Raíz, Banda Bassoti, M.A.Z.O, Zoo, Swingdigentes, Kasernarat, Leo i Arremecághona, Fanfarria Taquicardia ou Familia Caamagno.

Ata o venres 24 de xullo poderanse mercar bonos con entradas para os tres días por tan só 25 euros, unha cantidade que irá medrando á medida que se vaian confirmando o resto dos grupos.

O festival conta co apoio de institucións públicas como o AGADIC da Xunta de Galicia, o Concello de Vilagarcía ou a Deputación de Pontevedra.