Remata o prazo para votar polo Salón do Libro no Premio do Público Culturgal

Pontevedra
14 de novembro 2013

Os outros dous nominados, son o Festival de Cans e a Asociación puntoGal

Actividades da XIV edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Actividades da XIV edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra /

Hai tres semanas fíxose pública a nominación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra ao Premio do Público Culturgal, un galardón que se outorgará este ano por primeira vez e que supón un recoñecemento público á labor cultural realizada, proposto póla directiva da Feira das Industrias Culturais, Culturgal e votado democráticamente a través da súa propia web.

O número de votos acadados nestes últimos días fixeron que a competición se convertera en directa entre o Festival de Cans (Porriño) e o Salón do Libro de Pontevedra, organizado pola Concellaría de Cultura e o Pazo da Cultura dende hai xa 15 edicións. Dende a organización deste último, agradecen o apoio prestado ata agora, animando aos rezagados a efectuar o seu votoantes das 00:00 horas de esta noite.

O premiado, contará cun espazo na Feira das Industrias Culturais, Culturgal, que se celebrará do 29 de novembro ao 1 de decembro no Recinto Feiral de Pontevedra. Un escaparate magnífico para acadar unha maior repercusión e darse a coñecer a un maior número de xente.

Esé e o obxectivo do Salón do Libro, fomentar a lectura, a imaxinación e a creatividade dos nenos, non só da nosa cidade, senón doutras provincias que, poco a poco e como xa sucedeu nos últimos anos, achegan aos seus nenos a este proxecto.