Marta Ríos e Dani Trillo, intérpretes de 'DeseXo', deron a saída a Ponteatro cunha función matinal destinada a centros escolares.
Antes do comezo da obra houbo unha invitación ao público adolescente que enchía o patio de butacas a divertirse co espectáculo pero que tamén evitasen comentarios en alto que impedisen o normal funcionamento da sesión.
O motivo da advertencia débese a temática da proposta da compañía Talía Teatro.
'DeseXo' céntrase en analizar de maneira cómica a aprendizaxe do sexo entre a mocidade e as súas consecuencias de adultos.
Publicacións, música ou reclamos publicitarios foron revisados desde o punto de vista da educación sexual tratando un tema que segue a ser tabú entre moitos sectores sociais.
A montaxe de Talía Teatro está dirixida polo pontevedrés, natural de Moaña, Diego Rey, e provocou a reflexión e as risas entre o público.
Ás 21.00 horas, o Teatro Principal acollía a segunda sesión, xa para público adulto, deste espectáculo que dá inicio ao ciclo de teatro galego Ponteatro.
A seguinte función será o xoves 17 de outubro, ás 21.00 horas, con ButacaZero e a obra 'O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada'.
Esta obra utiliza humor irónico nunha montaxe creada, dirixida e interpretada por Esther F. Cardeaguas.
As entradas están á venda en Ataquilla.com
Representación de 'DeseXo' de Talía Teatro no Teatro Principal