Récord de asistencia nunha exitosa edición do Festival SonRías Baixas

Bueu
08 de agosto 2016

A organización fala da "edición con máis afluencia de público da historia do Festival" e cifra en 1.200.000 euros o impacto económico que xerou durante tres días en Bueu 

Festival SonRías Baixas en Bueu
Festival SonRías Baixas en Bueu /

Satisfacción en Bueu pola que xa cualifican como "a edición con máis afluencia" na historia do Festival SonRías Baixas.

Son palabras da organización do festival, que despois de tres días de intensa actividade cifra en 1.200.000 euros o impacto económico xerado no municipio.

Bueu acolleu durante xoves, venres e sábado, a miles de persoas dispostas a gozar da música e o bo tempo.

Polo Festival Sorrías Baixas pasaron este ano grupos como Boikot, Soziedad Alkoholika, Herdeiros da Crus ou La Gran Pegatina, entre outros.