RADIO.- Xeración Sónica: Hai Ornitorrincos pontevedreses e teñen espírito rockeiro

Pontevedra
03 de xuño 2023

No segundo dos podcast dedicados á Xeración Sónica en PontevedraViva Radio os protagonistas son cinco adolescentes que fan música inspirada no rock dos noventa: Ornitorrincos. 

Ornitorrincos / Xeración Sónica

Ornitorrincos son un quinteto que por primeiro ano participan no proxecto Xeración Sónica. Intégrano Sara EsperanteGarcía (voz e baixo), Lucas Maigler Landín (teclado), Antonio Lino (batería), Roi Mariño (guitarra) e Oliver Martínez Fresco (guitarra). Todos teñen trece anos, salvo a cantante da banda que ten catorce.

O estilo de música que fan, como explica o seu titor Alejandro Alonso, está influenciado polo rock dos noventa, no emo rock, o rock sinfónico e poderían asemellarse ao estilo dos Smashing Pumpkins. O nome escollérono entre todos eles, atopáronse con Ornitorrincos, "nun principio iámonos a chamar Ornitorrincos Insanos" pero non lles parecía comercial, así que decidiron acurtar.

Estes adolescentes afirman que o traballo semanal no Local de Música "é o mellor momento da semana porque é moi entretido e pasámolo moi ben". Responsables desta conclusión son os monitores de Xeración Sónica que realizan a tarefa de forma "moi natural. Nós somos artistas no noso ámbito, levamos anos traballando en proxectos musicais, facendo e desfacendo bandas, tocando en directo e tentamos transmitir esa experiencia e a naturalidade do proceso. Creo que funciona bastante ben e diso estamos orgullosas".

Para este episodio do podcast, Ornitorrincos interpretan o tema 'A nosa dor'. Pódese escoitar o podcast completo na ligazón que se adxunta ou tamén escoitar e descargar na web de PontevedraViva Radio.