RADIO.- Sonsoles Ónega: "La historia de amor entre España y Cataluña se parece a la de los protagonistas de Después del amor"

Pontevedra
06 de xullo 2017

Sonsoles Ónega é unha das xornalistas máis coñecidas e respectadas da televisión. Desde hai case dez anos é a correspondente de Informativos Telecinco no Congreso dos Deputados. Pero a Pontevedra veu pola súa outra faceta, a de escritora, para presentar a súa nova novela, Después del amor

Sonsoles Ónega, no programa "Cara a Cara" de PontevedraViva Radio
Sonsoles Ónega, no programa "Cara a Cara" de PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

Sonsoles Ónega é unha das xornalistas máis coñecidas e respectadas da televisión. Desde hai case dez anos é a correspondente de Informativos Telecinco no Congreso dos Deputados. Pero a Pontevedra veu pola súa outra faceta, a de escritora, para presentar a súa nova novela, Después del amor.

Nesta entrevista no programa Cara A Cara de PontevedraViva Radio, falamos con ela deste libro, galardoado co premio Fernando Lara, que narra a historia de amor entre Federico Escotet, un capitán do exército, e Carmen Trilla, unha muller atrapada nun matrimonio infeliz e que, como era habitual na época, non tiña dereito a amar ou a desamar.

Este romance, ambientado na Barcelona de 1933, é real. A Sonsoles chegoulle por medio das fillas de Carmen. "No sé por qué han querido contarlo", recoñece a xornalista, que sospeita que foi "por una especie de rendición de cuentas con ellas mismas, para colocar todas las piezas o para desahogarse con alguien que no las iba a juzgar".

"La historia me fascinó desde el primer momento", asegura a autora desta novela, que explica que, partindo desta historia real, foi toda unha responsabilidade fabular as conversacións entre os personaxes, porque as fillas da protagonista están vivas e puideron ler o libro e porque "yo no sé cómo ha hablado Carmen o cómo se dirigía a la gente".

A iso súmase que novela conta cun marco histórico concreto "con el que tienes que ser muy riguroso para no confundir la literatura con la realidad". E é que a vida de Carmen transita por un ambiente política e socialmente convulso con Primo de Rivera, a II República, a Guerra Civil, o exilio ou as reivindicacións independentistas de Cataluña.

"En ese equilibro yo me siento bastante cómoda porque siempre he escrito historias bastante pegadas a la realidad", sinala Sonsoles Ónega.

A fascinación que sente pola figura de Carmen termina contaxiándoa. "Si hubiera vivido en el siglo XXI no hubiera tenido que sacrificar tanto", relata, porque lembra que ás mulleres da súa época "se les condenaba por desamar", non por amar porque "para eso estaban programadas, para construir un matrimonio con hijos y lucir bellas en los salones".

Pero nesta entrevista falamos tamén do seu traballo como correspondente parlamentaria. "Es un momento apasionante para vivirlo en primera línea", explica. Preguntámoslle ademais polos novos partidos que, segundo ela, son informativamente "insaciables" e pola súa opinión sobre a figura do actual presidente do Goberno, o pontevedrés Mariano Rajoy.