RADIO.- O pontevedrés Berto lanza 'Sinto' o seu primeiro elepé de composión e produción propia

Pontevedra
07 de decembro 2022

Bento conta neste traballo cun elenco de artistas galegas que van desde Guadi Galego ata a pontevedresa Marinha. Falamos de 'Sinto' no podcast 'Cara a cara' de PontevedraViva Radio

Berto, nombre artístico del pontevedrés Berto Mira
Berto, nombre artístico del pontevedrés Berto Mira / Mónica Patxot

O músico pontevedrés Berto Mira, é desde hai un tempo Berto, con B. Emerxeu entre a musica galega como Verto, con V, xunto a Fernando Peleteiro, posicionando de especial maneira un tema ao que con moita retranca chamaron 'Oe galego'. Unha etapa que supuxo unha fractura emocional para Berto e da que fala a día de hoxe abertamente coa intención de normalizar os trastornos da saúde mental. 

En solitario debutou con 'Viaxe ao espazo interior' ao que seguiu o EP 'Bailar chikito'. Acaba de publicar o segundo elepé, 'Sinto', o primeiro de composición e produción propia. Un traballo ademais no que está rodeado de artistas galegas: Guadi Galego, Ash Diz, Sleepy Spice, Fillas de Cassandra, Nía Twee, e a pontevedresa Marinha Paz.  "Foi un proceso moi chulo compoñelo e compartilo con tantas persoas. Ultimamente síntome máis cómodo traballando con mulleres e por afinidade foron xurdindo de forma moi orgánica" di no 'Cara a cara'.

Musicalmente 'Sinto' ten múltiples arestas: pop, folk, electrónica, trap..., explica en PontevedraVIva Radio: "obsesiónome con artistas concretos" e iso reflíctese na mestura de sonoridades do elepé. Compón en galego: " é importante que a música en galego non teña contido político sempre; e aínda que á fin e ao cabo facer a música en galego é político, neste caso pretendo que non sexa tanxible no discurso".