O CEIP Carballal de Marín non falta á súa cita anual de homenaxe ás Letras Galegas e nesta edición de 2022 centrárono no poema 'Autoxenreira' de Florencio Delgado Gurriarán. Como cada ano, os seus protagonistas son os alumnos de cuarto curso que traballan o proxecto co profesor de música Víctor Alfonso Castro.
Coámonos nas súas aulas e contáronnos en PontevedraViva Radio como prepararon nos últimos meses este traballo que aparece publicado na web conmemorativa do autor homenaxeado, quen é o autor ourensán, que aprenderon do poema que han musicado e gravado nun videoclip ou que é para eles o Día das Letras Galegas.
O profesor Víctor Alfonso explica que este é o primeiro videoclip que estes escolares fan, "xa que anualmente, cada cuarto curso realiza tres ou catro videoclips para o tempo curricular de libre configuración que é un taller de audiovisuais. Todos cando pasan por este curso fano, videoclipo ou curtos, que non só contan unha actividade que se faga, senón que tamén se engade un compoñente creativo".
O seu bo facer non pasa desapercibo xa que en dúas edicións gañaron o concurso daReal Academia Galega 'Contádenos ou voso día das Letras Galegas'. O primeiro foi co 'Casarestón' no que participou toda a comunidade escolar do centro marinense e o último o pasado 2021 co videoclip dedicado a Xela Arias. (Achegamos o videoclipo orixinal e na ligazón inicial 'Autoxenreita' pódese ver a versión máis recente estreada a pasada semana).