José Manuel Ramos González é un profesor pontevedrés, a quen como di en PontevedraViva Radio "as Matemáticas permítenlle vivir e a Historia e Literatura, gozar". Resultado destas dúas afeccións acaba de publicar 'Andrés Muruais, el díscolo bardo del Lérez'. Non é o seu primeiro libro, antes foi 'A ecuación Maupassant'.
Tamén é blogueiro amateur, levan a súa autoría entre outros: hermanosmuruais, pontevedracuriosa, matesxunqueira1, etc... A través do francés Maupassant chegou aos Muruais "o máis afamado dos seus contos traduciuse por primeira vez en España en Pontevedra, e fíxoo Jesús Muruais".
Neste libro, José Manuel Ramos evidencia o amplo legado que Andrés Muruais deixou, na política - aínda que nunca chegou a exercer cargo público-, no xornalismo, na poesía ou nas tradicións, como foi o propio entroido pontevedrés, a quen se non se debe o personaxe de Urco?. Incluso a letra do primeiro himno galego documentado.
O seu nivel cultural ten un exemplo no elenco de nomes que deixaron a rúbrica na súa coroa fúnebre; entre eles Valle Inclán, cuxa escultura está inmortalizada xunto á vivenda na que tantas horas pasou o escritor e na que residían os Muruais. Ramos descobre ademais neste Cara a cara que 'Andrés Muruais, el díscolo bardo del Lérez' leva escrito sete anos; pero ata este 2020 non se animou a publicar. Exemplares que están á venda en librerias da cidade como El Pueblo, Escolma ou Cronopios.