RADIO.- Conversas na Ferrería: "Van", unha viaxe ao centro de un mesmo

Pontevedra
23 de febreiro 2018

Nas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio acompáñannos Claudia Alonso e Cristina Burgos, directoras da curtametraxe “Van”, unha historia sobre unha viaxe instrospectiva.

Claudia Alonso e Cristina Burgos directoras da curtametraxe
Claudia Alonso e Cristina Burgos directoras da curtametraxe / Mónica Patxot

Estas Conversas na Ferrería de Pontevedra Viva Radio teñen como protagonista a "Van", unha curtametraxe de carácter “road movie” dirixida por Claudia Alonso e Cristina Burgos, alumnas da Universidade de Vigo, eque narra a viaxe por carretera de dous amigos ao longo da xeografía galega.

As súas directoras nos falan do que supuxo "Van" para elas e a odisea que foi a gravación desta obra tan persoal, así como a súa visión de futuro no mundo audiovisual.

Esta curtametraxe foi xestada durante o Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC), que é un curso de verán de extensión universitaria organizado pola fundación Carlos Casares en colaboración co campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Dentro de CeMAC atópase o taller Celanova: Plató de Ficción que ofrece aos alumnos da universidade a oportunidade de formar parte da produción dunha obra ficcionada que contacun presuposto pechado e debe levarse a cabo nun tempo determinado.

A actividade se realiza dende o ano 2010 e dela saíron obras como a mediametraxe “Vento Ferido” ou a webserie “Prevenidos”.