RADIO.- Cara a cara: Especial Cabos Soltos coa portavoz da Plataforma Estatal Pola Música

Pontevedra
21 de marzo 2019

Carmen Zapata é portavoz da PLAM, a Plataforma Estatal Pola Música e tamén unha das participantes nas xornadas técnicas que inclúe Cabos Soltos. PontevedraViva Radio charla con ela no Cara a cara desta semana

Carmen Zapata é portavoz da Plataforma Estatal Pola Música
Carmen Zapata é portavoz da Plataforma Estatal Pola Música / Carmen Zapata

O sector da industria musical española séguese axustando para o exercicio da súa actividade á normativa reguladora dos anos 80. Así que non resulta nada estraño que demanden unha adecuación do marco legal que reflicta a realidade, que protexa aos seus actores e que saque ao sector da precariedade e indefensión xurídica con que se atopa. Así o reclaman desde a recentemente creada -este mesmo marzo- Plataforma Estatal Pola Música.

É unha plataforma que aglutina a músicos, promotores, representantes, empresas de management, salas de concertos, discotecas, salas de festas, festivais e tamén algunhas administracións e entidades públicas.

A súa portavoz é Carmen Zapata, xerente ao mesmo tempo da Asociación de Salas de Concertos de Cataluña e presidenta de MIM, Mulleres da Industria da Música. Ela participa este xoves 21 nas xornadas técnicas de Cabos Soltos, a iniciativa que promove o Concello de Pontevedra para apoiar este sector cultural da cidade.

Carmen Zapata explica en PontevedraViva Radio toda a casuística que se produciu e produce para que todas as partes sinaladas estivesen traballando durante dous anos para sacar adiante esta plataforma e conseguir un marco normativo que de resposta ás realidades e necesidades que cada un destes axentes reclama.

No Cara a cara recensión tamén o acordo unánime alcanzado o pasado febreiro na Comisión de Cultura do Congreso para que se aprobe o denominado Estatuto do Artista, que haberá de incluír entre outros aspectos, as condicións laborais e fiscais a aplicar no sector ou as dificultades que comporta que cada comunidade autónoma estea a regular a súa propia Lei de Espectáculos Públicos.