RADIO.- Baobab estreará o espectáculo "Pumpún, unha historia para cambiar o mundo" no Salón do Libro

Pontevedra
19 de novembro 2016

Andrea Bayer é a protagonista esta semana de A playlist de... en PontevedraViva Radioa>. A música acompañouna sempre. Coñeceu a idade temperá a Silvio Rodríguez, na aula de Teatro Universitario "quentaban" con Simon & Garfunkel, as nanas e cancións infantís non só na súa etapa profesional senón tamén coa chegada de Nicolás e Nora. María Callas estaba na súa infancia e en "Luppo" e para conmemorar o próximo 25 de novembro trae "Rata de dúas patas".

Andrea Bayer e a súa filla Nora.
Andrea Bayer e a súa filla Nora. / Mónica Patxot

Andrea Bayer é a protagonista esta semana de A playlist de... en PontevedraViva Radio. A súa vocación era Maxisterio e mentres estudaba coñeceu a súa outra vocación, o teatro. Exercendo o primeiro deuse conta de que o escenario lle tiraba máis. E tomou a decisión. Tras a experiencia da Aula de Teatro Universitario, veu Teatro Akatro, daquela Galitoon onde coñeceu a Óscar Ferreira, quen se converteu na outra metade de Baobab, o seu compañeiro e pai dos seus dous nenos: Nicolás e Nora.

En 2007 chegou o primeiro recoñecemento para a súa traxectoria profesional: o primeiro premio do Festival de Teatro de Ciudad Rodrigo foi para "Golulá" escrita e dirixida por Andrea, con Galitoon. "Fíos" foi o espectáculo pioneiro de Baobab - unha homenaxe ás costureiras e modistas, e de forma particular á súa nai. Logo "Babs", "O soldadiño de chumbo", "Martes", "O lobo e a lúa" co que gañou o IX Premio Barriga Verde de textos para marionetas e... "Luppo" co que volveron facerse co premio ao mellor espectáculo infantil na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo 2015 e tamén fora candidata aos Premios Max na categoría de Mellor Autoría Teatral. Unha historia con moita carga persoal e emocional para Andrea Bayer.

O seu novo espectáculo "Pumpún, unha historia para cambiar o mundo" presentarase na próxima edición do Salón do Libro de Pontevedra. Mentres tanto, Andrea e Óscar seguen viaxando cada fin de semana para regalar un momento de emocións ao público infantil e familiar. 

Arquivado en