Aldara Álvarez García é unha moza de Vigo. Anémona de Río é unha moza que atopou na ilustración unha vocación e é posible que unha profesión. TAM é unha moza que un día recibe unha invitación para acudir a unha reunión de antigos compañeiros e á que lle xorden unha serie de preguntas e inseguridades ante a devandita misiva.
Na Playlist de PontevedraVIva Radiocharlamos con e das tres. Todas e cada unha teñen diversos nexos de unión, un deles o Garaxe Hermético.
Ata estaescola profesional de banda deseñada e ilustración chegou Aldara/Anémona para completar a súa actividade académica en Pontevedra. Estaba matriculada na Facultade de Ciencias Sociais.
No último curso do Garaxe Hermético chegou TAM, a protagonista da primeiro manga galego ideado e ilustrado por Anémona/Aldara, que ademais levou o Premio Fin de Curso 2017.Retranca Editora púxoo nas librerías este pasado febreiro e está a resultar un éxito. Tal que os seus seguidores, xa piden un segundo exemplar.