RADIO.- A banda pontevedresa Mr Magoo trae unha colaboración co actor turco Tamer Levent

Pontevedra
20 de xaneiro 2023

Mr Magoo acaba de presentar o tema 'Yes to art - Sanata evet', o nome do proxecto artístico que promove o escritor, director e actor turco Tamer Levent. Luís Gómez, guitarrista da banda pontevedresa cóntanos esta iniciativa en PontevedraViva Radio

Luis Gómez Gesteira é guitarrista da banda pontevedresa Mr Magoo
Luis Gómez Gesteira é guitarrista da banda pontevedresa Mr Magoo

Traemos ao programa 'Cara a cara' un proxecto artístico que une Pontevedra e Turquía. A parte pontevedresa xorde da banda Mr. Magoo que contou con outros profesionais da provincia vencellados á música, a ilustración e o audiovisual, para completar a iniciativa. A parte turca corresponde ao escritor, director e actorTamer Levent.

Coñecemos todo o proceso creativo con Luís Gómez Gesteira, guitarrista de Mr. Magoo, que o próximo ano cumprirá vinte anos de andaina e que actualmente integran xunto a Luís, Patricia, Diego, Koldo e Rafa. A idea inicial vén de finais de 2021, cando contactan con Levent para compoñer un tema cuxa letra sexa o leitmotiv da súa iniciativa'Yes to art - Sanata evet'

O resultado final é a canción que nos presentan, xa dispoñible en plataformas dixitais, con ese mesmo título e na que finalmente intervén o actor e director turco. No podcast de PontevedraViva Radio, Luís Gómez detalla tamén a participación de nomes como os de Paco Serén(Los Piratas); o enxeñeiro de sonIbán Pérez, ou Chus Pazos(The Manueles, Fuzzo). Queda pendente presentar o videoclip da canción que está a correr a cargo de Rafa Méndez, divulgador científico eprodutor de audiovisuais. O deseño gráfico do tema corresponde á moza pontevedresa Andrea Álvarez 'Akkuara'.

Mentres tanto, Mr Magoo segue presentando máis temas novos en directo. Este mesmo venres 20 en 'O Encontro' de Barrantes, Ribadumia e o vindeiro 18 de febreiro en 'La Pecera' de Vigo. Estas son as pinceladas do programa que podes escoitar completamente - canción incluída - ou descargar,  na ligazón que atopas baixo esta información.