Quico Cadaval e 'Vulgarcito' chegan a Caldas a través de Atlántica, o festival internacional de narración oral

Umia
25 de xuño 2024

O 3 de xullo é a data escollida para que o malecón do Xardín Botánico acolla as 'Lendas suburbanas' de Quico Cadaval e o xoves 4 chegará a quenda do espectáculo familiar 'Vulgarcito', de Jaime Santos

Quico Cadaval nas Visitas Cruzadas do Museo de Pontevedra
Quico Cadaval nas Visitas Cruzadas do Museo de Pontevedra / Mónica Patxot - Arquivo

Por primeira vez, Caldas de Reis acollerá sesións de Atlántica, o Festival internacional de narración oral. 

Este evento ofrece un "mar de contos" tanto para escolares como para persoas adultas.

As sesións en Caldas chegan na primeira semana do mes de xullo ao malecón do Xardín Botánico.

A primeira cita será o xoves 3 de xullo, a partir das 21.00 horas, coa estrea do espectáculo do humorista e contador de historias Quico Cadaval titulado 'Lendas suburbanas'. 

Esta sesión é para público adulto e as historias de Cadaval percorrerán vellos terrores con moito humor a través do territorio da modernidade.

O xoves 4, ás 12.00 horas, está previsto un espectáculo para público familiar, que leva por título 'Vulgarcito'. Trátase dunha montaxe de Jaime Santos, de La Chana Teatro, compañía de Salamanca.

'Vulgarcito' é unha versión libre e divertida do famoso conto Epaminondas, que se realiza a través de marionetas creando obxectos e personaxes.

Ámbalas funcións son gratuítas.

Manuel Fariña, tenente de Alcalde, convida a cidadanía a participar destes espectáculos que forman parte dun festival que traslada 90 funcións por 25 municipios galego e por cinco de Portugal durante a primeira semana de xullo.

O concelleiro nacionalista lembra a importancia de conservar e fomentar o "patrimonio inmaterial da narración oral" entre a poboación a través destas iniciativas para públicos de diversas idades.