Que ven o lobo!

Pontevedra
22 de febreiro 2013

Moi cedo, ás sete da mañá o lobo Orbil, a mascota do Salón do Libro infantil e xuvenil, colleu o tren e viaxou a Santiago. Na capital galega o lobo achegouse a varios centros de ensino e outros puntos do centro histórico compostelán para promocionar este evento que se celebrará no Pazo da Cultura desde o vindeiro día 2 ata o 23 de marzo

Visita de Orbil ao IES Rosalía en Santiago de Compostela
Visita de Orbil ao IES Rosalía en Santiago de Compostela / Concello de Pontevedra

Moi cedo, ás sete da mañá o lobo Orbil, a mascota do Salón do Libro infantil e xuvenil, chegaba á estación de RENFE. O seu destino, Santiago de Compostela. Era a súa primeira viaxe en tren. Toda unha aventura, inspirada no tema "A toda máquina!!" que se deseñou para achegar o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra a Santiago de Compostela e, de paso, facer que os viaxeiros que madrugaran para ir traballar, espertaran sen remedio.

Un lobo xigante no tren!. Nunca tal cousa viran⿦ E nós, tampouco. Moito balbordo e moitas fotos as que lle sacaron para poder contar ao chegar ao traballo e a casa, que viran un lobo paseando polos vagóns.

Na capital galega o lobo achegouse a varios centros de ensino e outros puntos do centro histórico compostelán para promocionar este evento. Tres centros escolares e máis de 500 escolares de Educación Infantil, Primaria e Secundaria foros os elixidos para a nosa visita: O IES Rosalía, o Ceip Pío XII e o Ceip Raíña Fabiola.

Non puido ter mellor acollida en todos eles, que se mostraron moi receptivos ás nosas propostas para visitar o Salón do 2 ao 23 de marzo, a casa de Orbil que está chea de libros e de trebellos que inventaron os nenos dos coles de Pontevedra e de centos de actividades das que gozar. A idea de achegarse á nosa cidade en tren encantoulles, e seguros de que ao chegar a casa, contaron aínda sorprendidos que un lobo estivera no cole.

Orbil rematou a súa viaxe cunha visita ao Mercado de Abastos de Santiago, onde os empregados dos postos se fixeron moitas fotos con el quen, de volta a casa, emocionouse ao ver que a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, fora a recibilo.

E colorín colorado, este conto⿦ Non fixo máis que comezar!!!