O auditorio da Sede Afundación en Pontevedra acolleu este xoves as primeiras representacións matinais de Pulgarcito dentro da programación para escolares da Área Educativa de Afundación na que participan 37 centros de Pontevedra e comarca.
A obra está dirixida por Iñaki Rikarte e interpretada por Tomás Fernández e Ramón Monje e ofrece unha versión do conto clásico de Perrault. Abórdase a temática do abandono a través da relación que mantén un fillo co seu pai.
Ofrece numerosos paralelismos coa realidade da sociedad actual, que divirte e emociona os espectadores. Este venres van representarse outras dúas funcións do espectáculo.