Programada unha nova visita guiada este mércores 3 ao xacemento de Adro Vello no Grove

O Salnés
02 de agosto 2022

As visitas durarán 50 minutos en tres quendas: 10.30; 12.00 e 17.30 horas neste 3 de agosto. As reservas poden realizarse a través de [email protected]>

Traballos no xacemento de Adro Vello, no Grove
Traballos no xacemento de Adro Vello, no Grove / Consellería de Cultura - Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia programou unha nova visita guiada para este mércores 3 de agosto ao xacemento de Adro Vello no municipio do Grove.

Esta visita realizarase en tres horarios: 10.30; 12.00 e 17.30 horas. Para inscribirse é necesario enviar un correo a [email protected].

As prazas atópanse limitadas a grupos de 15 persoas. Cada unha das sesións, segundo informan desde a Consellería de Cultura, é de 50 minutos de duración.

Recoméndase o uso de roupa cómoda, calzado pechado e unha gorra ante a previsión de temperaturas elevadas durante a xornada do mércores. Esta visita ten como obxectivo poñer en valor e dar a coñecer a conservación que se acomete neste espazo arqueolóxico.