Primeira exposición do curso en Belas Artes: 'Os Sobrantes', con obras de Rosalía Batet

Pontevedra
25 de setembro 2023

O vindeiro mércores 27 de setembro inauguramos a primeira exposición do curso 23/24 na Facultade de Belas Artes  

Exposición en Belas Artes: 'Os Sobrantes', con obras de Rosalía Batet
Exposición en Belas Artes: 'Os Sobrantes', con obras de Rosalía Batet

O vindeiro mércores 27 de setembro inaugurarase a primeira exposición do curso 23/24 na Facultade de Belas Artes.

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición 'Os Sobrantes', da artista multidisciplinar e doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo Rosalía Batet. 

Comisariada pola escritora e crítica de arte María Marco, 'Os Sobrantes' é un proxecto conformado por tres instalacións pictóricas de grandes dimensións, que Batet articula a través de materiais sobrantes de proxectos anteriores e nas que afonda na vulnerabilidade e diferencias entre os corpos. 

A exposición poderá visitarse ata o 15 de noviembre.

Desde o seu traballo Rosalía Batet analiza e reflexiona sobre os sistemas e patróns que habitamos. Retrata a sociedade actual cos seus excesos e desequilibrios, sacando á luz os monstros que poboan a civilización contemporánea. Os tres eixos que vertebran a súa práctica son o corpo e as súas enfermidades, o alimento, e o territorio.