Presentan o catálogo da exposición 'Misterio+Luz=Pintura Vida' de Manuel Moldes

Pontevedra
09 de outubro 2024
Actualizado: 10 de outubro

José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, presentaba o catálogo da exposición 'Misterio+Luz=Pintura Vida' do artista pontevedrés Manuel Moldes

Presentación do catálogo da exposición 'Misterio+Luz=Pintura Vida'
Presentación do catálogo da exposición 'Misterio+Luz=Pintura Vida' /

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presentou este mércores 9 o catálogo da exposición 'Misterio+Luz=Pintura Vida', dedicada ao pintor pontevedrés Manuel Moldes.

O acto tivo lugar na sede da Fundación Manuel Moldes, no Edificio Azul da Xunta en Benito Corbal, inaugurada en novembro de 2023.

A mostra, que se pode visitar ata o 17 de outubro, fai un percorrido por máis de cinco décadas de creación artística de Moldes. Inclúe obras restauradas e algunhas pezas inéditas.

Ofrece unha visión completa da evolución do artista pontevedrés ao longo da súa ampla carreira.

O catálogo recolle as obras máis representativas dos 50 anos de traxectoria do pintor, desde os seus primeiros debuxos de infancia ata o seu derradeiro cadro.

Tamén inclúe pezas descoñecidas recuperadas pola fundación.

López Campos destacou a importancia da Fundación Manuel Moldes como "un novo foco cultural para os pontevedreses e para a sociedade en xeral".

Subliñou o apoio da Xunta a esta entidade pola súa labor na divulgación da arte galega e a conservación do legado de Moldes.

Manuel Moldes, figura destacada da vida cultural pontevedresa e foi mestre na Facultade de Belas Artes. 

A súa obra está presente en importantes institucións como o Centro Galego de Arte Contemporánea, o Museo Municipal Quiñones de León e a Fundación María José Jove, entre outras.

A exposición e o catálogo supoñen un importante paso na recuperación, mantemento e posta en valor do legado artístico do pintor falecido o 3 de decembro de 2017.

  • GALERÍA DE FOTOS REALIZADA POR MÓNICA PATXOT :