Presentación en Cuntis do libro "Eu son Carolina", unha revisión da vida de "A bela Otero"

Umia
13 de febreiro 2020

A presentación da obra do autor novel Javier Carballo está programada para o venres 14 de febreiro, ás 20:00 horas na Casa das Campás, en Cuntis. Ao acto asistirá, entre outros, o alcalde Manuel Campos, quen definiu a obra como "abraiante e de máximo interese". 

A bela Otero
A bela Otero / Léopold-Émile Reutlinger

A Casa da Cultura Roberto Blanco Torres en Cuntis terá coma convidado ao escritor Javier Carballo presentando súa obra "Eu son Carolina", unha revisión da vida da artista Carolina Otero calificada coma "abraiante e do máximo interese" polo alcalde Manuel Campos, quen convidou a toda a veciñanza a participar no acto. 

A presentación, programada para o venres 14 de febreiro, ás 20:00 horas, terá coma convidados especiais a presidenta da Rede Galega pola Igualdade, Carmen Cajide, e a maxistrada especialista en violencia de xénero, Paz Filgueira, ademáis do propio alcalde do municipio. 

O autor novel, logo dunha importante labor de investigación, aborda a vida da cantante, bailarina e actriz  dende a perspectiva dunha persona libre e adiantada aos seus tempos afeita a pisar os grandes escenarios a nivel mundial.

A figura da tamén coñecida como "A Bela Otero" vencellase no libro ao seu carácter de muller "empoderada" que tivo que refacer a súa vida ao verse obrigada a abandonar de moi nova o municipio de Valga, a súa localidade natal.