O Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra acollerá o vindeiro xoves 6 de febreiro a presentación dos finalistas da nova edición dos Premios Mestre Mateo.
O presidente da Deputación, Luís López, destacou a importancia deste evento para a provincia, resaltando que "despois dunha semana na que Pontevedra acolleu a entrega dos Premios Feroz e a gala de entrega das Mulleres non Foco, agora anímase cos Mestre Mateo".
A cerimonia de entrega dos premios levarase a cabo o 15 de marzo en Lalín e contará coa participación da Xunta de Galicia, do Concello de Lalín e da Deputación de Pontevedra.
López tamén adiantou que a gala da 23 edición dos galardóns da Academia Galega do Audiovisual estará presentada pola actriz Susana Sampedro e o sonidista David Machado.
A decisión de levar os Mestre Mateo ao rural atopou gran apoio por parte da Academia e do Concello organizador, quen valoraron a iniciativa de descentralizar os grandes eventos e trasladalos a outras zonas.
Coa celebración deste evento, a Deputación busca reafirmar o seu apoio á cultura e ao audiovisual, como vén facendo con programas como o Rías Baixas Acción, o apoio á organización dos festivais audiovisuais, a colaboración con proxectos cinematográficos ou o esforzo para recuperar un emblema cultural como o Cine Fraga.