A partir do martes 18 de xuño iniciarase unha nova edición de Biblioverán no Concello de Soutomaior.
Silvia Cernadas, concelleira de Cultura, presentaba este programa cultural que propón diversas actividades en espazos exteriores que fomenten actividades culturais, lectoras e dinámicas derivadas das propostas xeradas pola Biblioteca Municipal Luis Seoane.
O Biblioverán desprazarase durante os martes, mércores e xoves ata o 5 de setembro coa intención de que as persoas que o desexen fáganse socios da Biblioteca sen necesidade de desprazarse ata a sede.
Tamén se desenvolverán contacontos, obradoiros de marcapáxinas, actividades con chapas e representaranse obras teatrais coa idea de atraer ao público máis novo á lectura.
Os martes establécese como punto de encontro a Carballeira do Peirao de Arcade, nas proximidades da Praia da Muxeira; os mércores trasladarase á Veiguiña Longa, en Comboa (Soutomaior); e durante os xoves establecerase na Praia da Xunqueira, en Arcade. O horario de actividades será entre as 17.30 e as 20.00 horas.
A intención é que todas as persoas poidan gozar dos servizos da biblioteca a pé de praia, repetindo o éxito da pasada edición, segundo anunciou a concelleira.
A programación desta nova edición de Bibloverán pode consultarse nesta ligazón.