O pasado domingo 23 de abril tivo lugar o concerto do gaiteiro e frautista galego Óscar Ibáñez na Azucreira do Concello de Portas.
O espectáculo 'Da Terra', que segundo o goberno local estivo marcado polos aplausos e a admiración do público, deu o pistoletazo de saída á xira máis internacional do artista, quen actuou coa súa banda 'Tribo' e outros músicos locais.
Durante o concerto, Ibáñez sorprendeu coa interpretación dalgún dos temas máis destacados dos seus discos 'Alén do mar' e 'Aires de Pontevedra'.